Hoxe volveu subir o número de positivos na Área de Lugo, 24, con respecto ao día anterior que só foran 3 os novos contaxiados. Con estes datos o número total de casos ascende a 212, dous máis que onte.
Sanidade comeza a vacinación masiva das persoas entre 50 e 55 anos
A Consellería de Sanidade comezou onte vacinación das persoas entre 50 e 55 anos, cun plan piloto na Cidade da Cultura de Santiago con 1.000 persoas convocadas. Para hoxe está prevista a vacinación doutras 19.000 persoas coa vacina de AstraZeneca, unha vacina que presenta menos problemas de conservación e que está dirixida ás persoas nesa franxa de idade.
Na Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos está convocadas: 1.700 persoas no Hula, 500 no Hospital da Mariña e 300 no Hospital de Monforte, en horario de 9:00 a 19:00 horas no Hula e de 9:00 a 15:00 horas nos hospitais de A Mariña e Monforte de Lemos.