Unha xornada máis baixan os casos por Covid-19 en Lugo

Os Casos activos por Covid 19 en Lugo baixan un día máis e acheganse á cifra de 200. Asemade tamén baixan os novos contaxios, se onte eran 24 hoxe a cifra edúcese á metade.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.749, deles 1.050 son da área da Coruña, 204 da de Lugo, 190 da de Ourense, 278 da de Pontevedra, 489 da área de Vigo, 307 da de Santiago e 231 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 75 están en UCI, 245 en unidades de hospitalización e 2.429 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 109.729 persoas curadas, rexistrándose 2.296 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 1.759.212.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com