O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou esta mañá o Hospital Universitario Lucus Augusti para comprobar a marcha da primeira xornada de vacinación para o colectivo de lucenses entre 50 e 55 anos. Acompañado polo xerente da área sanitaria de Lugo, Ramón Ares, e pola xefa territorial de Sanidade, Begoña Seco, puido comprobar como nun tempo record acondicionouse a cuarta planta do Hula para albergar varios boxes de vacinación, salas de espera e de postvacunación, mediante o aproveitamento das modernas instalacións e os amplos espazos que distinguen a este hospital.
Na súa visita á nova zona de vacinación, Javier Arias destacou “O amplo despregamento de persoal sanitario e tamén a excelente planificación de medios e espazos que supuxeron todo un éxito nesta primeira xornada de vacinación masiva para o colectivo de 50 a 55 anos”. De feito, a previsión para esta xornada pasaba por vacinar a 1.700 persoas, das cales 1.400 fixérono en horario de mañá e 300, no de tarde.
Mar 14, 2021 - 07:56 PM
Este ciudadano no está en ese rango de edad, no fu ahí a vacunarse, pero… no pueden estos del PP dejar de aprovechar cualquier acontecimiento para publicitarse?. Si en vez de él estuviera la Subdelegada del Gobierno, del Psoe, ahí mismo, publicitando de manera subliminal al gobierno del estado, qué dirían los del PP? . Dende logo xornalistas do Xornal de Lugo, o que fan as subvencións da Xunta por escribir en galego, eh, hai que devolvelas publicitando a todos eles, non, sí ?.