O candidato á alcaldía de Lugo Jaime Castiñeira propón crear unha delegación da policía local na zona norte da cidade que se podería ubicar en dependencias municipais que existen en Frigsa. Castiñeira explicou que levará a cabo unha reorganización da policía local “montando unha nova estructura que contempla a creación de novas unidades, unha administrativa no edificio do Seminario atendida por axentes de segunda actividade, e outra unidade operativa con efectivos que se situará na zona norte da cidade”.
Jaime Castiñeira explicou que con esta reorganización ademais de ter delegacións físicas da policía local tanto no Sur, en referencia á actual sede da policía de Sanfíz, coma outra nova para trámites administrativos no centro no edificio da Ronda da Muralla, se habilitaría unha terceira delegación no norte de Lugo “deste xeito achegaremos o servizo, agora centralizado en Sanfiz, ao resto dos barrios”.