A Asociación Cultural Xaquedrum e a Escola Luguesa de Xadrez, en colaboración co Concello de Lugo, Sogama, El Progreso, Confeccións Fibra Vexetal e Fornos Fernando Valín, organizan por segunda vez o Campamento de Xadrez de Verán.
O obxectivo que se persegue con este programa é o de fomentar a práctica do xadrez entre os pequenos da cidade e provincia, e contribuír a alcanzar os beneficios que este trae consigo na formación integral dos participantes.
O campamento levarase a cabo no colexio Illa Verde con horario de nove da mañá a dúas. As prazas son limitadas.
Dividiranse en dous grupos, xadrez divertido dirixido para nenos e nenas de catro a sete anos, e xadrez máxico para rapaces e rapazas de sete a doce anos.
Máis información https://campamentodexadrez.wordpress.com/