Lugo rompe a tendencia da covid nos últimos dous días, nos que as altas médicas non chegaban a facer fronte aos positivos detectados, subindo a cifra de casos activos ata en 7 persoas en dous días; baremo que descende hoxe chegando ás 205 persoas con infección activa.
Unha baixada infeccións que vén dada pola suba nas altas médicas logo de rexistrarse na última xornada 12 persoas máis curadas. Asemade, a este número de altas hai que restarlles os novos positivos detectados onte por PCR e que descende ata os 8.
Como viñamos dicindo nas últimas xornadas, esta variación é normal e non preocupa demasiado aos expertos dado que a provincia continúa a moverse en cifras baixas.
No tocante á presión asistencial, tamén descende no día de hoxe con tan só 15 casos covid en plantas de hospitalización e 5 na UCI do HULA. En cambio, mantense dende hai varias xornadas a cifra de falecidos polo virus que na nosa provincia chega ata as 210 persoas.
Novas medidas
E todo isto, un día despois de que o Presidente Autonómico, Alberto Núñez Feijóo anunciara as medidas que o Comité clínico decidiu na tarde de onte para loitar contra a covid durante a ponte de San Xosé que comeza hoxe. Así, dende mañá quedarán prohibidas as reunións de non conviventes en domicilios privados, pola contra, fóra das vivendas o goberno permitirá reunións de ata 6 persoas non conviventes no exterior como terrazas ou parque, e catro no interior de locais públicos. Os aforos tanto de locais de hostalería como de espazos deportivos modificaránse en función do nivel de restricións de cada Concello.
Outra novidade é para a hostalería que poderá ampliar o horario ata ás 9 da noite na meirande parte de Galicia, os únicos municipios que quedarán excluidos desta medida serán os que se atopan no nivel máximo de restricións, na nosa provincia, sería o Concello de Paradela, que tamén permanecerá pechado perimetralmente.
Por último, o Goberno Galego decidiu pechar perimetralmente a comunidade, un peche que podería extenderse á Semana Santa, en función das valoracións que faga o Comité Clínico nos vindeiros días.