Candia pedirá ao presidente da Deputación explicacións no pleno, sobre as presuntas irregularidades nos cursos de formación do Pacto polo Emprego

A voceira do Grupo Provincial do Partido Popular, Elena Candia, informou hoxe que durante o próximo pleno da institución provincial previsto para o martes, esixirá ao Presidente da institución, José Ramón Gómez Besteiro, que dea explicacións sobre as presuntas irregularidades que segundo Candia, se están a dar en torno a oferta de cursos impartidos ao abeiro do Pacto Provincial polo Emprego.

En concreto, Candia explica que o seu grupo presentará hoxe unha moción na que insta a José Ramón Gómez Besteiro, como responsable institucional, a que dea explicacións sobre estes feitos, e que a maiores, e dado a gravidade das queixas trasladadas polos monitores e alumnos aos populares, se abra unha comisión de investigación para esclarecer esta situación.

A voceira dos populares explica que estas denuncias se están a dar por parte dos monitores e alumnos de cursos de atención sociosanitaria a persoas dependentes no domicilio, e cuxa empresa adxudicataria é Norprevención,” a que se lle concederon un total de cinco cursos, que supoñen máis de 160 horas e un importe de preto de 400.000 euros”.

“Os monitores que imparten os cursos denunciaron presuntas comisións de feitos que rozan o delito. Quéixanse de apropiación indebida nas súas contas, con cargos de entre 800 e 900 euros, por parte dunha empresa para, supostamente, compensar uns cursos de formación que nunca recibiron. A maiores, os traballadores tamén denuncian o pago incorrecto das súas nóminas, con variacións de ata 400 euros, e producíndose un incremento do importe en función das protestas trasladadas polos monitores”. Candia engade que todo parece indicar que a presentación de denuncias por parte dos monitores foi o que deu lugar ao despido de ata catro traballadoras.

“O alumnado tamén remitiu queixas, que lle deu trasladou á Deputación de Lugo, sobre a oferta dos cursos dado a existencia de deficiencias como é que os monitores dispoñían de material pésimo e escaso para impartir as clases. Ademais, o alumnado (persoas en situación de desemprego) tamén denunciaron mala xestión da Deputación á hora de efectuar os pagos das becas que perciben. Mentres que as bases do proxecto recollen que o pago das becas se realiza a mes vencido, a realidade, segundo aseguran os alumnos, é que a Deputación está a efectuar o pago entre os días 18 ou 19 de cada mes”.

Por último, Candia lembra que tanto os monitores como os alumnos trasladaron tamén estas queixas á Deputación de Lugo, “polo que o presidente da Deputación era coñecedor directo destes feitos e queremos coñecer que actuacións emprendeu ao respecto”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com