Lugo volve subir en contaxios e casos con respecto a onte por Covid-19

A Área Sanitaria de Lugo, volve subir en casos activos pola Covid-19, onte eran 205, hoxe suma cinco máis;así como en novos contaxios, onde se triplican, xa que dos oito de onte pásase aos vinte e cinco de hoxe.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.575, deles 1.017 son da área da Coruña, 210 da de Lugo, 162 da de Ourense, 204 da de Pontevedra, 487 da área de Vigo, 275 da de Santiago e 220 da de Ferrol.

o total de pacientes positivos, 55 están en UCI, 197 en unidades de hospitalización e 2.323 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 110.601 persoas curadas, rexistrándose 2.315 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 1.788.840.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com