Onte producíase a nova do abandono do enxeñeiro industrial Miguel Couto, presentaba a súa dimisión, por motivos persoais, segundo nota do concello. Pero todo parece indicar que detrás da dimisión estaría a imposibilidade do nomeamento de xefa do servizo de arquitectura dunha persoa da súa confianza e mesmo reorganizar todo o a área que xestionaba Couto.
Así as cousas, haberá que agardar a que a seguinte persoa da lista a profesora Silvia Alonso acepte entrar no goberno municipal e , a posteriori, quen será o/a edil que se faga cargo desta área, fundamental no futuro da cidade. Desta área dependen as licenzas de obra, as de apertura de negocios etc, cuestións moi sensibles para a creación de postos de traballo, algo absolutamente imprescindible para que esta cidade teña algún futuro.