Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo durante a pasada ponte festiva 18 dispositivos en sete concellos da provincia de Lugo, nos que foron tramitadas 11 denuncias, seis delas por incumprir o horario do toque de queda e outras cinco por fumar sen gardar a distancia de seguridade.
En concreto, entre o xoves e o domingo, os axentes realizaron controis nos concellos de Lugo, Chantada, O Corgo, Guitiriz, Monforte de Lemos, Outeiro de Rei e A Pastoriza.
Estas accións realizáronse no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas fronte á covid-19 adoptadas polas autoridades competentes, e saldáronse con 43 persoas identificadas.
Os dispositivos enmarcase no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade, cada unha no marco das súas competencias.