O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, presidirá a toma de posesión da nova directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey Vilar. Na sede de Gain, no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) (rúa Airas Nunes, s/n). foto xoán crespo 09/12/16

Un consorcio de empresas galegas desenvolve unha solución para a xestión dixital e sostible do monte

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, asistiu hoxe no Centro Experimental Áncora de Cervo á xornada de peche do proxecto Xestal (Xestión forestal sostible mediante teledetección remota), apoiado pola Xunta a través do programa Conecta Peme.

A directora de Gain destacou o aliñamento deste proxecto, que persegue optimizar a xestión do monte, coas políticas de innovación da Xunta, así como coas prioridades europeas de transición dixital e ecolóxica. Precisamente, a Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3) inclúe como un dos tres retos prioritarios a modernización dos sectores primarios galegos, como é o caso dos recursos forestais, a través, entre outras medidas, da incorporación das novas tecnoloxías para xerar produtos e servizos innovadores.

O proxecto Xestal contribúe a optimizar procesos clave na xestión dos recursos forestais, como o inventario forestal, a planificación, seguimento e control de masas forestais, a través dunha solución tecnolóxica baseada na automatización de toma de datos a través de novas tecnoloxías embarcadas en vehículos non tripulados. Esta solución tecnolóxica, dirixida fundamentalmente a enxeñarías medioambientais e xestores forestais, permitirá reducir custos respectos dos métodos de medición actuais, dispor de información actualizada e de valor engadido para mellorar a tomar de decisións, o control e a execución das actuacións dos plans de ordenación forestal.

Este proxecto está apoiado polo programa Conecta Peme da Axencia Galega de Innovación con preto de 560 mil euros, cofinanciados a través do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020. O programa Conecta Peme ten como obxectivo fomentar a cooperación entre as pemes e os demais axentes do Sistema galego de innovación a través do apoio a proxectos de I+D+i orientados ao mercado e aliñados cos retos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia. En total, a través das catro convocatorias deste programa mobilizáronse 150 millóns de euros en 187 proxectos de cooperación nos que participaron 433 empresas -o 95% pemes- e se xeraron 530 empregos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com