O Goberno di que traballará para que Lugo sexa Capital Gastronómica pero di non á moción do PP

PSOE e BNG rexeitaban esta mañá en pleno, a moción do Partido Popular de crear unha candidatura para converter a Lugo en Capital Gastronómica no vindeiro ano 2022. Unha proposta avalada por medio cento de entidades locais, que podería ser moi beneficiosa para a cidade de Lugo e que non conseguía os apoios necesarios da corporación para saír adiante.

Sorprendeu, minutos despois de acabar o pleno o anuncio da edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, asegurando que o Goberno municipal apoiaba esta iniciativa para que Lugo opte a ser Capital Gastronómica 2022. A edil, que tildou de “logro importante” este galardón debido á “gran promoción da cidade, que tería un gran efecto nos moitos sectores que teñen relación coa hostalería na cidade”, explicou que a súa negativa, no pleno debeuse máis á “postura do Partido Popular, que evitou con fins partidistas chegar ao consenso de toda a corporación no pleno municipal de cara a iniciar o estudo para organizar a presentación desta candidatura”.

A mecánica do expediente a presentar ante o estamento que dictamina cal vai ser a capital gastronómica xa é coñecida polo departamento de Turismo, e a súa actuación farase da man do sector da  hostalería e das outras administracións, coas que a titular de cultura, ao parecer xa tería iniciados contactos.

Satisfacción dos populares

Para o PP esta rectificación do Goberno local é unha boa nova, pois “co cambio de opinión Lugo gaña”. Os populares lamentaron que “o sectarismo e a política do rodillo da maioría do bipartito lles impedise analizar obxectivamente a proposición de autoría do PP que, hai unhas horas, votaban en contra PSOE e BNG”.

“Trátase dunha proposta solvente e consensuada con diferentes sectores da sociedade lucense que necesitan, nestes momentos críticos,  consensos en propostas positivas veñan da formación política que veñan”. Os populares amosan o seu convencemento que a marcha atrás que deron PSOE e BNG foi “grazas a presión social que está esperanzada con este programa que pode ser un revulsivo para o noso municipio”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com