O PSdeG pide á Xunta que recoñeza o paso do Camiño de Inverno por Torbeo, Vilachá e Rozavales

O Grupo Socialista na Deputación de Lugo defenderá no Pleno ordinario de mañá martes unha moción coa que reclaman ao Goberno de Feijóo o recoñecemento do Camiño de Inverno ao seu paso por Torbeo, Vilachá e Rozavales nos concellos de Ribas de Sil, A Pobra do Brollón e Monforte de Lemos, respectivamente.

A través desta iniciativa, o PSdeG sinala que “a Deputación de Lugo ten un firme compromiso co apoio ó turismo como sector estratéxico para o desenvolvemento da nosa provincia. O turismo xera emprego e riqueza, e axuda a dinamizar tamén a hostalería e o comercio local. Así mesmo, consolídase como un elemento fundamental para desenvolver iniciativas de progreso no rural, apostando por fórmulas non masificadas, que buscan o contacto coa natureza, a súa preservación e a posta en valor das costumes e os estilos de vida locais”.

Pero advirten que “a actual situación de restricións e de crise socioeconómica ten afectado dun xeito especial ó sector turístico na nosa provincia. E xunto coa política de axudas que dende a Deputación impulsamos e reclamamos a outras administracións, a planificación de cara ó futuro parece imprescindible para axudar a que o sector turístico se poida recuperar con rapidez no momento en que as circunstancias sanitarias o permitan”, remarcan.

Por tal motivo, o PSdeG manifesta “o noso respaldo á iniciativa impulsada pola Asociación de Veciños e Veciñas de Vilachá de Salvadur, que en xuño de 2020 reclamaron á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia o recoñecemento oficial do trazado orixinal do Camiño de Inverno no seu paso polas parroquias de Torbeo (Ribas de Sil), Vilachá de Salvadur (A Pobra de Brollón) e Rozavales-Vilamarín-Caneda e Santa Mariña do Monte (Monforte de Lemos)”.

Unha ferramenta de futuro

Hai que lembrar ademais que é unha iniciativa xa referendada en Pleno polos respectivos concellos afectados, e agora, “a Deputación quere sumarse ao seu apoio, como forma de reivindicar o noso pasado e de aproveitar unha ferramenta de futuro”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com