Malia que os datos da Covid 19 na provincia estan a ser bastante bos, Sanidade xa amosou onte a súa preocupación pola evolución do virus nalgúns concellos lugueses. Destaca o caso do Saviñao, en nivel alto de alerta e no que a situación empeorou lixeiramente na última xornada chegando a 10 casos, ou o que é o mesmo unha incidencia de 275 casos por cada 100 mil habitantes.
Doutra banda, o número de positivos creceu nas últimas dúas semanas en 14 concellos, especialmente preocupantes os casos de Rábade e A Pobra do Brollón; con incidencias de 465 e 428 casos por cada cen mil habitantes, respectivamente. Tamén en Riotorto (323), Begonte (134) e Láncara (116) aumentou a incidencia do virus na última semana o que podería indicar tamén un cambio no nivel de restricións.
Hoxe volveuse a reunir o Comité Clínico e a Xunta xa avanzou que imporá novas restriccións a Rábade e A Pobra do Brollón que entrarán no nivel alto de limitacións, o mesmo no que se manterá o Saviñao. Doutra banda, os concellos de Sober e Pantón que estaban no nivel medio e non tiveron cambios significativos nos últimos días, descenderán ao nivel máis baixo de alerta, no que seguirán o resto de concellos da provincia. Estes cambios entrarán en vigor este venres.