O Tenente de Alcalde anunciou que hoxe se iniciou a colocación das novas pantallas informativas coas que contará a rede de transporte público da cidade. O segundo edil explicou que “coa instalación das pantallas damos un paso adiante na entrada en funcionamento das novas liñas”. Unha vez entren en funcionamento as novas liñas, toda a veciñanza terá acceso a datos en tempo real sobre o transporte público, tanto a través das pantallas como a través das aplicacións web que se habilitarán.
As pantallas ubicaranse nas seguintes paradas: Ronda da Muralla (altura porta Santiago), Ronda da Muralla (altura Sindicatos), Ronda da Muralla nº 25, Ronda da Muralla nº 98, Ronda da Muralla nº121, Ronda da Muralla (altura fogar de Santa María), Lamas de Prado nº 118, Piscina As Pedreiras, Afonso X (cruce con Estrada da Granxa), Avenida da Coruña nº2, Avenida da Coruña a carón do cruce do alto de Garabolos, Avda da Coruña nª129, Camiño Real nº116, Salvador de Madariaga, Montero Ríos nº1, Ronda das Fontiñas nº125, Avda. Adolfo Suárez nº2, Avenida Infanta Elena (altura As Termas), HULA, Calzada das Gándaras (altura Residencia), Rúa da Industria (Ceao).
O Tenente de Alcalde explicou que “durante os vindeiros días a empresa realizará probas para comprobar o correcto funcionamento deste sistema”. O sistema permitirá tamén coñecer datos como freadas bruscas, velocidade, control de consumo dos vehículos, incidencias de circulación etc.