O cinema galego centra a actividade de Codex esta semana

A carteleira que presentan os Codex Cinema para  esta Semana Santa, non deixarán a ninguén indiferente. Catro días nos que a sala lucense centrará a súa programación nos cinemas galegos.

Así, os Codex comezan o programa da Semana Santa coa estrea dun novo filme do director galego, Xavier Bermúdez que estrea Olvido y León, a continuación da historia do mesmo director, León y Olvido (2004), quince anos despois. O filme, protagonizado por Marta Larralde e Guillén Jiménez, conta a relación que Olvido ten co seu irmán xemelgo, León, con síndrome de Down. Logo de aceptar que os problemas que ela ten, non teñen relación coa convivencia co seu irmán; Olvio decide que, malia que o pode´ria abandonar, o que lle ocorre realmente é que está baixo a influencia de poderes que non coñece e que tecen ao seu redor un cárcere de insatisfación persoal.

Xunto a este filme, os Codex proxectarán o filme estreado a pasada semana, Nación, de Margarita Ledo, que estará este venres en Codez ás 18 horas para presentar o seu filme, nun encontro cos espectadores de Codex Cinema.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com