O Centro de Convivencia de Fingoi expón os traballos realizados polos alumnos dos obradoiros de animación sociocultural

A Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Ana González Abelleira, informa que xa se poden visitar as exposicións de fin de curso dos traballos elaborados nos obradoiros de Animación Sociocultural do Centro de Convivencia de Fingoi.

A exposición celebrarase ata o 25 de maio e nela poderanse ver os traballos realizados nos obradoiros de coiro, cestería, labores, pintura ao óleo, macramé e tear tradicional e de alto lizo e manualidades que poderán visitarse no horario habitual do centro.

O día 25 de maio ás 17.30 horas os grupo dos obradoiros de Cachibol 1 e Cachibol 2 do centro competirán para ver cal é o gañador. A cita será no pavillón de deportes do Colexio Fingoi con entrada libre e gratuita para todas as persoas seguidoras deste deporte e curiosas en xeral. A partir das 19.30 horas comezará unha exhibición de break dance a cargo dos integrantes de Non ten duda no salón de actos do propio centro de convivenica.

Finalmente, o día 29 de maio, a partir das 19.30 horas levarase a cabo unha gala teatral a cargo do grupo Piña Teatro do obradoiro de teatro do centro e un concerto oral a cargo da agrupación músico-vocal Xeada.

Todas as actividades son abertas e gratuítas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com