O PP considera un agravio que Lugo sexa a única gran cidade de Galicia que non se adheriu á rede de VioGén

O Partido Popular lamenta o “bucle de excusas” no que entrou o Goberno local para xustificar que Lugo sexa a única
das sete grandes cidades de Galicia que non está adherida ao VioGén. A concelleira popular, Macamen López Silva, explica que Ourense, Vigo, Pontevedra, A Coruña, Ferrol e Santiago xa forman parte deste programa “mentres que o bigoberno de Lugo segue dándolle voltas e freando este trámite”.

Macamen López Silva afirma que “os pretextos que pon o Goberno Local soan a excusas de mal pagador xa que intentan xustificar a súa ineficacia á hora de incorporarse a un programa que empezou a funcionar no ano 2007”. “A realidade é que Lugo é a única gran cidade galega que está fóra do VioGén e que será a última en adherirse a el” matizando que “esta circunstancia o que reflicte o escaso grao de urxencia que o bigoberno lle da á posta en marcha na nosa cidade deste programa”.

Os populares lembran que “existe un acordo, de pleno de outubro de 2019 de autoría do PP, no que se pedía a rápida adhesión ao VioGén, así como infinitas preguntas e rogos presentados en comisión para que se axilizase, canto antes, a posta en marcha desta ferramenta”.

López Silva finaliza indicando que “a protección das mulleres, en especial daquelas que sufren maltrato, debería ser unha das máximas deste Concello” lamentando que “sigan autoxustificando o seu desinterese con pretextos que xa utilizaron hai meses en comisións para disculpar o retraso na adhesión a este programa”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com