O Pesca-II rescata a dous policías que interviñeron no salvamento de dous homes que naufragaron en Viveiro

Dous policías que interviñeron no mediodía de onte no rescate de dous homes, cuxa embarcación afundira fronte á Illa de Insua, en Viveiro, tiveron que ser evacuados no helicóptero Pesca-II do Servizo de Gardacostas de Galicia ata o heliporto de Celeiro, despois de axudar a un dos náufragos a saír da auga. Segundo a información recollida polo 112, os dous axentes atopábanse ben e non precisaron asistencia médica.

Foi ao fío da 1 da tarde horas cando o 112 Galicia recibiu a chamada dun particular na que alertaba de que escoitaba berros procedentes do mar, nas proximidades da Praia de Area. Minutos despois, Salvamento Marítimo confirmou ao 112 que o Pesca-II rescatara a un home da auga e sinalaba que había outro que conseguira chegar ata unha zona de rochas. Uns intres máis tarde esta persoa tamén foi evacuada na aeronave ata o Hospital de Burela. Tratábase dun pai e un fillo que naufragaran ao pé da praia de Area; de camiño ao hospital e tras varios intentos de reanimación o pai, de 66 anos de idade, perdía a vida mentres que o seu fillo esperaba amarrado ás rochas a ser salvado polo helicóptero.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com