Onte eran 169 os casos de persoas contaxiadas pola Covid-19, esta cifra situouse nas últimas 24 horas en 162 na Área Sanitaria de Lugo. Se no computo xeral as cifras seguen a baixar, non é así na dos novos contaxios que onte foron 9 e hoxe a cifra chegou a 14. Isto está a producir unha seria preocupación e témese que a partir do luns a cifras se volvan disparar.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última vinte e catro horas a coifra situouse en actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.306, deles 752 son da área da Coruña, 151 da de Ourense, 238 da de Pontevedra, 621 da área de Vigo, 274 da de Santiago e 108 da de Ferrol.