Un día máis volven baixar os casos activos por Coronavirus na Área sanitaria de Lugo, 23 menos e tamén os novos contaxios 3, onte a cifra ascendía a 14.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.223, deles 719 son da área da Coruña, 139 da de Lugo, 144 da de Ourense, 230 da de Pontevedra, 605 da área de Vigo, 283 da de Santiago e 103 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 30 están en UCI, 180 en unidades de hospitalización e 2.013 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 112.878 persoas curadas, rexistrándose 2.344 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 1.866.088.