Sanidade chama a partir de hoxe a 18.700 lucenses a vacinarse

A Consellería de Sanidade comezará a partir de mañá a vacinación masiva das persoas que naceron entre os anos 1942 e 1946, así como entre 1956 e 1961. Nestes casos a convocatoria farase atendendo a criterios de idade, comezando polos maiores.

No caso dos nados entre 1942 e 1946, que recibirán a vacina de Pfizer,  vanse citar 11.600 persoas na área de Lugo, A Mariña e Monforte mediante un SMS con confirmación hoxe mesmo e cunha chamada robótica con confirmación mañá martes día 6. Así mesmo haberá unha chamada dende os equipos de citación o mércores, tan só aos que non teñan confirmado a súa cita polo SMS ou a chamada robótica. Estas vacinacións terán lugar entre o xoves e o domingo día 11.

No que atinxe aos nados entre 1956 e 1961, que recibirán a vacina de AstraZeneca, citarase a 7.100 persoas por medio dun SMS que non precisará confirmación. Finalizada cada xornada, chamarase aos non asistentes para citalos nos seguintes días dispoñibles. Estas vacinacións terán lugar entre a tarde de mañá martes e o mércores día 7, agás Ferrol onde se vacinará entre o mércores e o xoves.

Os puntos de vacinación en ambos casos serán no Hula, e nos hospitais da Mariña e Monforte.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com