Estabilidade e poucos positivos Covid na provincia

Mesmo número de positivos que de altas. Así o confirma o novo informe do SERGAS con datos recabados ata as 6 da tarde de onte e no que se rexistran 6 novos positivos detectados por PCR e un total de 11743 altas recibidas por infectados covid dende marzo do 2020. 

Estas cifras deixan a provincia nunha situación de meseta que se mantén ao longo dos días en cifras semellantes as do mes de agosto e que descenden moi lentamente e, en ocasión, como no día de hoxe, se manteñen. En total no último informe do SERGAS se rexistraban 139 casos.

Tamén se manteñen hoxe as cifras de hospitalizados malia que si rexistran algún cambio. Mentres que o Hula continúa con 5 pacientes en planta, gaña un na UCI chegando aos 3 infectados covid na única unidade de críticos da provincia que conta con casos covid. Por outra banda, o Hospital da Mariña quedaba nas últimas horas de onte sen casos covid. Por último, o Hospital de Monforte mantense igual que na xornada anterior con 3 casos. 

Reunión do Comité Clínico

Estes datos danse no día no que o Comité Clínico vólvese reunir para valorar a situación concello por concello. Malia que dende a Xunta de Galicia xa advertiron que, polo momento, non se apreciarán os posibles efectos da Semana Santa, que poderían comezar a aparecer a vindeira semana, o certo é que Galicia, atópase nunha situación de estabilidade e incluso en descenso, segundo confirmou o presidente do Executivo Galego. O Comité non fará hoxe grandes cambios pero si podería modificar a listaxe de concellos en cada nivel de restricións. 

Vacinación

Asemade, no día de hoxe recibirán a vacina contra a covid as últimas persoas maiores de 80 anos da provincia que quedaban pendentes de recibila. Polo que, a partir de hoxe, todo o colectivo maior de 80 anos de Lugo terá recibido, a lo menos, unha dose da vacina. E todo nun día no que o SERGAS prepara todo para arrancar unha nova xornada de vacinación masiva para dous grupos de idade: os nados entre 1942 e 1946, que recibirán a dose de Pfizer e os nacidos entre o 1956 e o 1961 que recibirán AstraZeneca. En total, Sanidade chamará a vacinarse a 18.700 lugueses.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com