A masterclass online de nutrición de Xuventude ensinará a elaborar un menú semanal para estudantes

As conferencias online de nutrición, que organiza a área de Xuventude, que dirixe Ana González Abelleira, ofrecen este mércores indicacións para elaborar un menú semanal para estudantes. Enmarcadas na programación deste primeiro semestre da Xuventude Activa, o Concello exporá diversos temas de interese para a poboación máis nova, co obxectivo de aportar solucións sinxelas e factibles a cuestións habituais en canto á alimentación se refire.

Tras a masterclass inaugural sobre alimentación vexetariana e vegana no pasado mes de marzo, a dietista-nutricionista luguesa Ángeles Novo, encargada de conducir ditas charlas, ofrecerá na sesión desta semana deseños de menús equilibrados, saudables e suxerentes destinados ás e aos estudantes. En maio versarán sobre como cociñar sano e barato e en xuño estarán dedicadas á alimentación e ao deporte.

Estas conferencias terán lugar os primeiros mércores de mes, ás 20:30 horas, ata xuño, nas redes sociais oficiais de Xuventude de Lugo. A propia nutricionista resolverá as posibles dúbidas a través dos comentarios da publicación do vídeo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com