Dous casos menos por Covid-19 é o que amosan as últimas cifras e deixan a cifra total en 158 na Área sanitaria de Lugo. Asemade tamén baixan os novos contaxios, hoxe foron 11, un menos ca onte.
A nivel de Galicia, a última actualización, declara que hai 2.305 casos activos de coronavirus, deles 616 son da área da Coruña, 158 da de Lugo, 176 da de Ourense, 315 da de Pontevedra, 614 da área de Vigo, 357 da de Santiago e 69 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 27 están en UCI, 145 en unidades de hospitalización e 2.133 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 113.955 persoas curadas, rexistrándose 2.368 falecementos.