Os socialistas participaron hoxe na concentración convocada en Lugo, diante da sede da Xunta, pola Federación de ANPAS da provincia que xunto con outras entidades, denuncian a política de desmantelamento do rural e o peche do colexio de Baamonde, no concello de Begonte.
Neste acto participaron o Presidente da Executiva Provincial do PSdeG, José Tomé Roca, xunto coas Alcaldesas de Vilalba e Guitiriz, Elba Veleiro e Marisol Morandeira, o Alcalde de Xermade, Roberto García, así como a Voceira Socialista en Begonte, Susana Ferreiro e Voceira do PSdeG na Deputación de Lugo, Pilar García Porto, ademais de compañeiros e militantes do PSdeG.
En declaracións aos medios de comunicación Tomé Roca lembrou que dende o Grupo Socialista na Deputación “xa defendemos iniciativas recollendo as inquietudes que demandaban os pais e nais afectados polo peche deste centro educativo”. E proseguiu na súa argumentación “impulsar o rural non é precisamente quitar servicios como esta acontecendo neste caso, máis ben sería mantelos. A decisión do peche do colexio de Baamonde é unha decisión errónea que seguramente obedece a outro tipo de beneficios, presuntamente privados, dos que vamos a estar atentos. Pero nin beneficia ao rural, nin aos pais e as nais, nin a educación das nenas e nenos de Baamonde”, resumiu.