Mesmos casos activos que onte pero máis pacientes nos hospitais

O último informe do SERGAS en relación á Covid 19 na provincia deixa clara a estabilidade na que se están movendo nas últimas semanas os principais baremos. E é que, nas últimas 24 horas o número de casos totais permaneceu igual que na xornada anterior. 

Así hoxe volven a contabilizarse 169 infeccións activas, malia un lixeiro aumento de positivos detectados cun total de 12 persoas novas infectadas, dúas máis que na xornada anterior. 

A mala nova do día de hoxe vén da man da presión asistencial que aínda que se mantén que en cifras moi baixas, aumenta lixeiramente chegando aos 10 ingresados covid entre as plantas de hospitalización e a Unidade de Coidados Intensivos. Así, o HULA hoxe rexistra un caso menos en UCI, 3 en total mentres que suma un en planta, chegando aos 6 pacientes covid en unidades convencionais. Pola súa banda, o hospital da Costa hoxe amencía cun caso covid en planta, logo dunha semana sen hospitalizados polo virus.

Dende o inicio da pandemia, na provincia contaxiaronse de covid19 12.200 persoas, das que 11814 xa superaron a enfermidade.

Vacinación Janssen

E outra mala nova en relación coa vacinación e é que as autoridades farmacolóxicas de Estados Unidos veñen de aconsellar a parálise da inoculación da vacina de Janssen, polo que a faramceutica anunciou a súa decisión de pospoñer a entrega a Europa de doses da súa vacina logo de detectarse ata 6 persoas que sufriron casos graves de coagulos sanguíneos logo de recibir a vacina. Unha mala nova que afecta ao avance da vacinación en España, pois só Galicia recibiría esta mesma semana 8.500 viais da única vacina da que se recibe tan só unha dose.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com