O servizo de Doazón de Sangue do HULA tan só abriu 4 días no que vai de ano pola falta de facultativos

O BNG denunciou hoxe no Parlamento Galego a xestión do Goberno de Feijóo, en relación ao funcionamento do servizo de doazón de sangue do HULA que, dende novembro de 2020, está a sufrir peches aleatorios por mor da falta de facultativos.

Así a deputada nacionalista no Parlamento, Olalla Rodil, anunciou que o seu grupo presentará varias iniciativas para que se garanta o funcionamento deste servizo cubrindo as tres prazas adicadas a esta función e insta ao executivo galego a poñer freo, dixo Rodil, a inestabilidade deste servizo e a precariedade dos traballadores da sanidade.

Olalla Rodil declarou que “desde novembro de 2020 a falta de persoal impide o funcionamento normal do servizo, neste 2021 o servizo estivo pechado 54 días, é dicir, só estivo aberto 4 días”. Neste senso, Rodil subliñou que moitas das traballadoras e traballadores que exercen en doazóns están contratados de forma temporal, o que “a Xunta sostén na precariedade un servizo que salva vidas“ subliñou.

A viceportavoz do BNG fixo fincapé en que “isto é insostíbel, a necesidade de sangue non entende de días da semana ou de condicións administrativas, precísase sempre” ao que engadiu “a propia Xunta fai campañas para animar a doar, o cal é inadmisíbel que xente que queira doar sangue teña o centro pechado, por iso desde o BNG reclamamos que ten que funcionar como merece”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Luis Díaz
    Abr 14, 2021 - 05:28 PM

    Pa qué ? Se están os do PP enchufados no hospital chupándoa.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com