O Trofeo de Natación Cidade de Lugo cumpre o seu 25º aniversario este sábado 23

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, acompañado polo Presidente en funcións do Club Fluvial, Jose Vázquez Tato e o responsable da área de Natación, Jaime López, presentaron o XXV Trofeo de Natación Cidade de Lugo que se celebra este sábado 23 de maio nas instalacións do Club Fluvial.

Díaz Grandío destacou que “esta é unha das probas máis lonxevas da cidade e que se consolida como un referente a nivel galego” e felicitou “o esforzo que fai o Fluvial para manter esta proba e que cada ano aunmente de participantes”. O Concelleiro de Deportes tamén informou que esta fin de semana haberá entorno a 2.000 deportistas no entorno do Río Miño xa que se celebran varias actividades deportivas, como son o Campionato de Piragüismo ou a Farinato Race.

Pola súa parte, José Vázquez Tato, fixo un percorrido histórico dende o 8 de xuño de 1991 que tivo lugar a primeira das edicións sendo Presidente do Club Fluvial, Benito Jesús Rego, ademais de ser o único trofeo de natación de Galicia dirixido aos nadadores promesa ata a data actual.

Jaime López explicou que un ano máis haberá tres categorías: benxamín, alevín e infantil, nas modalidades masculina e feminina e as idades están comprendidas entre 8 e 13 anos que competirán nas modalidades de mariposa, espalda, braza e croll.

Na competición van participar preto de 330 rapaces de toda Galicia que pertencen a 12 os clubes inscritos. O trofeo desenvolverase en sesións de mañá e tarde. As probas comezarán ás 11.00 e pola tarde ás 16.30.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com