Unha xornada máis volveron subir os casos activos por Covid-19 na Área Sanitaria de Lugo, aínda que de xeito moderado, tres máis nas últimas 24 horas. E canto aos novos contaxios hai unha pequena baixada pasa de 16 detectados na xornada de onte a 13 nas últimas vinte e catro horas. Aínda que hai que ter en conta que nas fins de semana os datos non son de todo fiables, e haberá que agardar ata o martes para saber cal é a situación real.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.693, deles 673 son da área da Coruña, 192 da de Lugo, 220 da de Ourense, 428 da de Pontevedra, 706 da área de Vigo, 368 da de Santiago e 106 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 30 están en UCI, 162 en unidades de hospitalización e 2.501 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 114.823 persoas curadas, rexistrándose 2.371 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 1.955.198.