Baixan os casos por Coronavirus en Lugo

Dúas centas cinco son as persoas que están infectadas por Coronavirus na Área Sanitaria de Lugo a día de hoxe, onte eran 210 polo que se produce un descenso de 5 casos. Malia que o número de novos contaxios sube de 12 a 15, tres máis que na última xornada. Isto prodúcese por mor de que houbo máis altas.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.977, deles 729 son da área da Coruña, 205 da de Lugo, 265 da de Ourense, 469 da de Pontevedra, 843 da área de Vigo, 346 da de Santiago e 120 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 43 están en UCI, 146 en unidades de hospitalización e 2.788 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 115.680 persoas curadas, rexistrándose 2.381 falecementos.

O número de PCR realizadas pas xa dous millóns concretamente é de 2.000.080.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com