Importante suba de casos covid e ingresos hospitalarios nas últimas horas

Continúa o lento avance da cuarta vaga do virus en Galicia que hoxe afecta de forma significativa á provincia de Lugo. Logo de semanas en aparente situación de estabilidade e de suba moi lenta de casos, na última xornada os datos dan un salto importante hacia o empeoramento. Haberá que ver, co paso dos días se se trata dunha constante ou un día anecdótico.

Así, no último informe do SERGAS con datos recabados ata as 6 da tarde de onte, revélase un aumento de ata 17 persoas con infección activa e que hoxe chega ás 236, logo de que na pasada xornada se rexistrasen 219 casos activos. 

Sobe tamén o número de contaxios. Se ben este baremo viña aumentando lixeiramente día tras día nas últimas xornadas, o certo é que o informe de hoxe amosa un gran aumento. E é que nas últimas 24 horas Sanidade detectou na provincia 23 positivos novos, mentres que en días anteriores esta cifra tendía a rondar a quincena. 

E, inevitable era tamén o aumento na presión asistencial que tende a acompañar á suba de casos cando é tan significativa. Mentres na UCI todo permanece igual dende hai preto de dúas semanas, con 4 pacientes covid no HULA; o certo é que os ingresos en unidades convencionais aumentaron significativamente ao pasar dos 11 que se rexistraban onte aos 15 que amencían hoxe nos hospitais. Por centros, o HULA continúa con 5 pacientes covid en planta, o Hospital da Mariña suma 3 e o Hospital de Monforte, o que máis subiu con diferenza, hoxe amencía con 7 pacientes covid en planta.

E todo isto na xornada na que se volve reunir o Comité Clínico para abordar os posibles cambios de restricións por concellos. Un dos concellos que podería cambiar de nivel é Chantada, que dende este luns permanece en nivel medio de limitacións e no que se acaba de detectar un gromo na residencia Domus VI que xa acadoou a oito persoas: seis usuarios e dous traballadoras. Todos eles, xa foran vacinados, unha das traballadoras estaba á espera da segunda dose, e todos permanecen en illamento.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com