A Deputación reclama ao Concello de Lugo parte dunha subvención de 2010 para a praia fluvial das Saamasas

Xa se facía rara unha primavera sen que saíra a colación, por un ou outro motivo a famosísima praia fluvial do Miño ao seu paso polo Concello de Lugo. 

Pois ben, chegou o día e a Deputación de Lugo anunciou que reclamará ao Goberno local da capital máis de 225 mil euros a parte dos intereses devengados, por unha parte dunha subvención que o Goberno provincial concedeu ao concello de Lugo no 20110 para as obras do proxecto inicial da praia fluvias das Saamasas. Unhas obras que non só, non se remataron senón que nunca chegaron a iniciarse.

A Deputación asegura no seu escrito que o Goberno municipal non xustificou ese gasto e, polo tanto, ten que proceder á súa devolución.

Unha débeda máis que acumula o Concello de Lugo e que hoxe criticaba o Partido Popular, asegurando que esta reclamación tan só é unha vendetta, din, do actual presidente da Deputación, José Tomé hacia o edil de Urbanismo, Álvaro Santos Ramos despois de que este criticara a Tomé polas palabras que o presidente da Deputación tivo hacia a popular Elena Candia. “Vemos como o PSOE segue a castigar aos lucenses polas súas liortas internas. Vemos como a dualidade Caballero-Besteiro segue a pasar factura a Lugo. Os socialistas en lugar de axustar contas na súa sede utilizan as institucións públicas para facer unha guerra de bandas”, sentenciou.

O peor da liorta interna do PSOE, segundo os populares, é que Lugo tampouco terá este verán unha zona pública de baño, “que se debe unicamente á desidia de Lara Méndez e Rubén Arroxo”, xa que non presentaron a documentación para solicitar a praia fluvial para a cidade, a pesar de ter concedido o permiso da Confederación Hidrográfica.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com