A Xunta de Goberno Provincial aproba a convocatoria e as bases do plan “O teu esforzo ten premio en Lugo”

A Xunta de Goberno aprobou a convocatoria e as bases do plan de captación de talento, que leva por nome “O teu esforzo ten premio en Lugo”, mediante o cal a Deputación custeará, con 130.000 euros, a matrícula íntegra aos 135 mellores expedientes de BAC, FP e grado do Campus de Lugo.

Trátase dunha iniciativa que responde ás peticións dos veciños nos Orzamentos Participativos 2015, e que dá continuidade ao Plan de Choque que Deputación e USC puxemos en marcha para impulsar o Campus de Lugo.

Manuel Martínez explicou que “O teu esforzo ten premio en Lugo” inclúe dúas medidas:

1ª.- Premios para os mellores expedientes de BAC e FP. A Deputación sufragará o custe íntegro da matrícula a 90 estudantes que se matriculen no Campus de Lugo na convocatoria de xullo. Serán os dos mellores 6 mellores expedientes en cada unha das 15 titulacións de Grao que ofrece o Campus lugués.

2ª.- Premios para os mellores expedientes que se gradúen no Campus de Lugo. Serán para os 45 mellores expedientes graduados en cada unha das 15 titulacións do Campus de Lugo. Son 3 premios por grao. Neste caso, a Deputación sufragará o custe íntegro da matrícula dos Máster que ofrece o Campus lugués no curso 2015-2016.

Nos vindeiros días, o BOP publicará as bases e a convocatoria deste plan de captación de talento para, ao día seguinte, abrir o prazo de solicitude.

A Xunta de Goberno arpobou o prego de claúsulas administrativas que xeren a xestión pública do Centro de Recría. Nos vindeiros días, publicaranse no BOP, a partires do cal os interesados terán un prazo de 15 días naturais para presentar ofertas. A explotación do servizo é por un período mínimo de 15 anos, prorrogables a un máximo de 25. O canon é dun mínimo de 50.000 euros anuais, posto que o definitivo será o que presente o licitador.

Os interesados deberán cumprir as seguintes obrigas:

1ª.- Contar coa participación directa dos  gandeiros, a través de entidades de economía social, isto é cooperativas ou SATS, “posto que son estes profesionais os que mellor coñecen o sector e os que máis rendibilidade lle poden sacar a estas instalacións”, salientou Martínez.

2ª.- Contar cunha porcentaxe mínima dun 30% de traballadores con contrato indefinido e contratar, como mínimo, un 10% de persoal de colectivos con máis dificultades laborais como, por exemplo, maiores de 45 anos, menores de 25 ou parados de longa duración.

3ª.-Deberán respectar, estritamente, a lexislación en materia de protección do emprego, condicións de traballo e prevención de riscos laborais, así como a relativa á protección do medio ambiente.

A Xunta de Gobero aprobou a contratación de 76 desempregados lucenses co Ben Empregado 1. A vindeira semana, asinarán os seus contratos e comezarán a traballar en 47 empresas e entidades sen ánimo de lucro da provincia. Martínez subliñou que “estes 76 traballadores súmanse aos 162 que xa accederon aos seus novos postos de emprego, sendo, polo de agora, un total de 238 os beneficiados do Ben Empregado 1”.

​A sesión aprobou a contratación das obras de mellora de 5 quilómetros da estrada LU-P-2101, de Friol a Parga, por valor de 303.000 euros; ademais da mellora en 6,6 quilómetros da estrada LU-P-6513, de Vilalba a Camposo de Penamaior e rampa de Xermade, por valor de 310.000 euros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com