Descende o número de casos activos por Covid-19 na área sanitaria de Lugo

Novo descenso do número de casos activos na área sanitaria de Lugo, con 11 casos menos nas últimas 24 horas e que sitúan á provincia con 228 infectados pola Covid.

En canto ao número total de casos activos de coronavirus en Galicia, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informou na súa última actualización, que o número total  é de 3.106; deles 710 son da área da Coruña, 228 da de Lugo, 269 da de Ourense, 491 da de Pontevedra, 945 da área de Vigo, 364 da de Santiago e 99 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 51 están en UCI, 163 en unidades de hospitalización e 2.892 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 117.041 persoas curadas, rexistrándose 2.390 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.065.796.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 1.165.613.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com