O grupo provincial popular da que é voceira Elena Candia ven de denunciar que hai membros de distintas candidaturas dos socialistas de concellos da provincia que están na programa auspiciado pola Deputación.
Segundo a voceira popular, detectaron nomes de persoas incluídas en diferentes candidaturas socialistas en diferentes concellos, que tamén están nos plans de emprego auspiciados polo ente provincial.
O grupo popular tamén acusou ao goberno provincial, de utilizar medios públicos para fins políticos.