‘La India’ novo single de Dj Frisco e Marcos Peón xunto ao colombiano Dvit Bousa

La India é o título do novo single dos deejays e produtores galegos Frisco Taibo e Marcos Peón. Nesta ocasión colaboran co maior talento colombiano Dvit Bousa, que está chamado a ser un dos mellores produtores musicais de música electrónica do país latinoamericano. La India sairá á venda o próximo 8 de maio polo importantísimo selo italiano Netsword Records.

Dj Frisco e Marcos Peón seguen así coa súa gran proxección internacional en América, onde as súas producións situáronse nas listas de éxitos. Nas súas últimas producións, Frisco e Marcos, lograron situarse dentro do “circuíto” House mundial e as súas cancións foron incluídas en Charts e Listas de éxitos de países como Estados Unidos, España, México, Colombia, Reino Unido, Italia, Alemaña, Francia ou Canadá.

Doutra banda, Dj Frisco & Marcos Peón, seguen traballando duro nos proxectos que teñen para 2021-2022, con novos singles e remezlcas, e a súa festa “STAR PEOPLE” xunto ao radio deejay máis coñecido do noso país, Fernandisco.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com