O Presidente do Executivo Galego, Alberto Núñez Feijóo, compareceu este mediodía ante os medios para dar conta das medidas de alivio tomadas en base aos consellos do Comité Clínico de cara ao vindeiro domingo 9 de maio, cando o Goberno central pon fin ao Estado de Alarma.
Mobilidade
O Goberno Galego levantará o peche perimetral da Comunidade, malia manter o rexistro de viaxeiros. Asemade, o Goberno pedirá ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que permita o peche perimetral dos concellos en nivel máximo de alerta. O resto da comunidade non terá limitada a mobilidade.
Toque de queda
A Xunta levantará o toque de recollida a partir deste sábado. E tan só limitará a saída dos fogares entre as 23 horas e as 6 horas a concellos con incidencias altas. Con todo, seguirán prohibidas as reunións de non conviventes ente a 1 e as 6 horas.
Hostalería
O Goberno ampliará a partir do sábado -en función da decisión do Alto Tribunal Galego- o horario de peche de bares e restaurantes. Así, aqueles establecementos con licenza de restauración poderá dar ceas ata a 1 da madrugada; do mesmo xeito, os bares poderán abrir ata ás 23 horas. Os aforos estarán limitados da seguinte maneira en función do nivel de incidencia de cada concello:
- En Concellos en nivel alto os interiores dos locais permanecerán pechados e tan só poderán atender a xente nas terrazas ao 50% da súa capacidade.
- Os municipios en nivel medio terán permitida a apertura do 30% do aforo nos interiores dos establecementos hostaleiros e o 50% das terrazas.
- Nos concellos en nivel medio-baixo a hostalería poderá encher ata o 50% do aforo no interior e o 75% no exterior.
Reuniones
As reuniones de non conviventes estarán permitidas como ata o momento: ata 4 persoas nos interiores e ata 6 nos exteriores.
Residencias e centros de día
A Xunta permitirá contacto físico en visitas e ampliación das saídas de 3 a 5 por semana, en función do nivel de incidencia, en concellos de niveis medio e medio-baixo. Se os centros de día teñen máis do 90% de usuarios coa pauta de vacinación completa poderán sair cun acompañante a dar paseos e os traballadores poderán rotar entre centros. Maiores en residencias de concellos nos niveis máis baixos de restricións poderán pasar ata 5 días coas familias e se lles fará unha PCR á volta.