Os socialistas de Quiroga emprazan ao alcalde a investir a dedicación exclusiva en melloras para o Concello

A Agrupación Socialista de Quiroga apoiou na pasada sesión plenaria “a proposta presentada polo Goberno local da renuncia do salario do Alcalde, xa que desfrutaba dunha dedicación exclusiva con cargo as arcas municipais de 42.000 euros”. Hai que lembrar que o rexedor volve agora a cobrar o seu soldo de ATS, e a incompatibilidade co soldo actual do Concello, fai que só poida percibir un salario.

Vicente Parra emprazou ao rexedor a investir este soldo en melloras para o Concello. “Estamos nun momento moi complicado e temos a obriga de axudar ás familias, aos pequenos negocios, aos autónomos non podemos deixalos de lado. Polo tanto non estamos a favor de que esta asignación económica se reparta entre os membros da corporación municipal tal e como anunciou o Alcalde”, remarcou o Voceiro.

“Entendemos que nestes intres, non están os tempos para subir unha asignación económica por asistencia a plenos e comisións en máis dun 300%. Pero que tras escoitar as nosas criticas na sesión plenaria, o Alcalde recuou e deixouno en 150 euros, unha cifra que nos segue parecendo desorbitada”, insistiu Vicente Parra.

Coas cifras na man, e tras comprobar os datos anunciados polo propio rexedor, as contas non saen. “Actualmente os concelleiros da oposición, PSG e BNG, asisten a un pleno cada 2 meses (6 anuais), ademais dunha comisión ao mes (unha por grupo), por tanto 18 plenos e 24 comisións ao ano. E mentres os concelleiros do Goberno do PP poden asistir ata a un máximo de 2 comisións ao mes, multiplicada por 8 son 16 mensuais, polo que respecta ao Alcalde non ten límite”.

Así as cousas facendo números “os concelleiros do goberno recibirán arredor de 36.000 euros (máis os que cobre o Alcalde, que non ten límite). A oposición sobre a 6.000 euros. Polo tanto aquí dan as contas dos 42.000 euros. Pero insistimos, este soldo ten que reverter na veciñanza de Quiroga”, resumiu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com