Baixada de casos e de positivos o día que queda libre a UCI do Hula tras catro meses con casos covid

As cifras que hoxe revela o informe do SERGAS con relación ao paso da Covid pola nosa provincia son moi positivas, logo de varias xornadas de aumentos e descensos inestables dos diferentes baremos, hoxe preséntase unha baixada xeralizada en todos eles. 

Así, Sanidade cifraba as infeccións activas, ata as 6 da tarde de onte, en 216 persoas. Dez menos que na xornada anterior; un feito que chama a atención dado que os mércores tendía a ser o día da semana na que as cifras comezaban a aumentar. 

Con todo, non quedan aí as boas novas e é que se miramos as cifras de contaxios, estas non son peores. Na última xornada o SERGAS detectou na provincia un total de 9 positivos novos, 3 menos que os detectados no día de onte. Malia o descenso, é unha cifra na liña dos últimos días, xa que dende primeiros de mes, sempre se rondou na provincia a decena de contaxios diarios. 

Outra cifra que mellora, e que si é importante é a presión asistencial. Ademáis da baixada dun caso en plantas de hospitalización, hoxe, por primeira vez dende o 8 de xaneiro, a UCI do Hula queda libre de casos covid. 

Un paso moi grande na mellora da situación pandémica é a liberación de camas nos hospitais e, moi especialmente nas UCIs. Así, nas últimas horas, o Hula liberaba a súa UCI e subía un paciente en planta, 4 en total; mentres que o Hospital de Monforte amencía hoxe con dous pacientes covid en planta, dous menos que na xornada anterior. 

E todo isto, o día no que o Comité Clínico volvíase reunir para avaliar a evolución da pandemia concello por concello aliviando ou non as medidas restritivas en función da incidencia do virus. Así, na tarde de onte os expertos que asesoran á Xunta na xestión da pandemia, acordaron aliviar as restrición na Pastoriza, que volve ao nivel medio, no que Chantada permanecerá unha semana máis. Asemade, o Concello de Meira, chegará a partir do venres ao nivel baixo de limitacións, no que se atopan o resto de municipios lugueses.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com