Poucas horas durou a UCI do HULA sen casos covid. Dende xaneiro que non se via esta unidade de coidados intensivos baleira de coronavirus, e en menos dun día pasou de ter 0 pacientes a sumar 2 ingresos directos á UCI.
Sen adiantar acontecementos o certo é que hoxe a provincia de Lugo continúa a amosar boas cifras. Así, na última xornada volveu descender moi significativamente o número de casos activos que pasou dos 216 que informaba onte o SERGAS ata os 204 que recolle o informe emitido hoxe por sanidade.
Un informe cos datos relativos ao día de onte, e que tamén revela un mantemento dos contaxios en cifras similares as das últimas semanas. En total 10 persoas resultaron positivas en covid 19 durante a xornada de onte, o que supon un positivo máis que no día anterior pero 2 menos que o luns. Polo que este baremos tan importante amosa certa estabilidade.
E a este mantemento de contaxios únese hoxe outra nova suba importante das altas médicas. Así, nas úlimas horas 22 persoas recibiron a alta médica, sendo xa 12.175 as persoas que superaron o virus na provincia dende o comezo da pandemia.
A este respecto, a directora técnico asistencial do grupo Domus Vi, informou na tarde de onte que os usuarios da resisdencia homónima en Chantada serán sometidos a un cribado este sábado, logo do gromo detectado no centro a finais do mes de abril. Josefina Pérez lembrou que o gromo comezou co positivo de 6 residentes e un traballador nun cribado realizado o 29 de abril. Posteriormente o número de infeccións elevouse ata os 11 residentes e os dous traballadores. Todos eles, segundo explicou a directora do grupo, son asintomáticos e evolucionan favorablemente; de feito, os residentes contaxiados xa chegaron a dar negativo en PCR pero deberán pasar 14 días para que se de por pechado o gromo.