Unidas Podemos pide que se declare a Gran Senda do Navia como obra de interese xeral

O Grupo Parlamentario Confederal Unidas Podemos – En Comú Podem – Galicia en Común rexistrou este mércores unha iniciativa na que instan o Goberno a declarar a Gran Senda do Navia como obra de interese xeral para a súa inclusión no programa de Camiños Naturais do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

A Proposición Non de Lei está asinada polo deputado galego de Galicia en Común e portavoz da Comisión de Agricultura, Antón Gómez Reino, pola deputada asturiana e portavoz adxunta de Unidas Podemos, Sofía Fernández Castañón e o deputado verde e presidente da Comisión de Transición Ecolóxica, Juantxo López de Uralde.

“Os camiños naturais son máis de 10.300 quilómetros de antigas infraestruturas de transporte que actualmente se dedican a usos senderistas e ciclistas, os cales están repartidos nuns 130 itinerarios”, indican no texto rexistrado desde o Grupo Confederal. E lembran que “Antigas vías de ferrocarril, canles, camiños de sirga, vías pecuarias, sendas e mesmo antigos camiños públicos volven ser utilizados por unha poboación que demanda, cada día máis, o contacto coa natureza e espazos tranquilos nos que poder exercer actividades recreativas, turísticas e deportivas afastadas do tráfico motorizado”.

“Crear a Gran Senda do Navia é unha aposta contra o despoboamento e un proxecto para divulgar a riqueza paisaxística, patrimonial e cultural das comarcas fonsagradina e ancarina, en Galicia, e as do Navia e Suroccidente de Asturias”, sinalaron, pero lamentan que “con todo, e a pesar de tratarse dun dos proxectos máis ambiciosos para a dinamización turística e ambiental da zona nos últimos anos, atópase paralizado desde comezos do 2018”.

Por iso, instaron ao Goberno para “Declarar o proxecto da Gran Senda do Navia como obra de interese xeral”; así como a “Incluír a Gran Senda do Navia no Programa de Camiños Naturais do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com