Arroxo: “Lugo contará cunha zona de baixas emisións na vindeira ordenanza de circulación”

O Tenente Alcalde e concelleiro de Mobilidade, Rubén Arroxo, informou dos avances realizados na elaboración da nova ordenanza de Mobilidade, na que se continúa a traballar. De cara a comezos do 2023, a nova lei de Cambio Climático fará obrigatorio contar cunha zona de baixas emisións. Rubén Arroxo explicou que “en Lugo, a zona interior da Muralla está xa a converterse nunha zona de baixas emisións, ao contar cunha gran parte das rúas completamente peonalizadas”.

“Desde o goberno de Lugo continuamos avanzando nunha cidade máis sostible, reducindo a contaminación ocasionada polos vehículos a motor, e cumprindo cos obxectivos internacionais de sostibilidade”, explicou Rubén Arroxo, que engadiu “a reducción de tráfico tamén se nota na ronda da Muralla, onde se reduciu a circulación en 30.000 vehículos ao mes con respecto ao 2019”. O Tenente de Alcalde explicou que “esta reducción permite aforrar a emisión de 20 Tn de CO2 cada mes”.

Rubén Arroxo avanzou que “as novas liñas de transporte público continuarán a colaborar na reddución de vehículos circulando polas rúas de Lugo, xa que contaremos con mellores frecuencias e conexión con máis zonas da cidade”.

As zonas de baixas emisións serán obrigatorias a partir do 1 de xaneiro de 2023 en todas as cidades con poboación superior a 50.000 habitantes. Nestas zonas restrinxirase o acceso a todos os vehículos, excepto para residentes, vehículos de emerxencias, transporte público e servizos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com