Un particular solicitaba axuda pasados uns minutos das once e cuarto da maña, para acceder a unha muller que caera nun pozo no lugar de Susao, Sindrán, no concello de Monforte de Lemos.
Acudiron ademais dos servizos sanitarios de urxencia, os Bombeiros de Monforte e a Garda Civil.
Tamén, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos axentes da Policía Nacional, da Local e dos efectivos de emerxencias municipais.
As Forzas da Orde investigan as causas do falecemento da muller.