Xornada de estabilidade, a de onte, no tocante á Covid. Se ben é certo que os casos activos subiron, é un aumento pouco significativo, dunha persoa, debido á estabilidade nas altas médicas, 12 nas últimas horas, e aos positivos detectados que onte sumaron un total de 13, 4 menos que os detectados o domingo.
Así, segundo os datos do SERGAS recompilados ata as 6 da tarde de onte, hoxe a provincia amencía cunha aparente estabilidade nos principais baremos da covid, logo dunha fin de semana á alza.
Como diciamos, os casos activos subiron onte ata os 228, un máis que na xornada anterior, e os positivos detectados baixaro ata os 13 localizados onte, lonxe dos 17 do domingo ou os 30 do pasado sábado.
E é que volve a normalidade a estes baremos e mantense tamén a presión asistencial cun paciente covid na unidade de críticos do HULA e outros 10 que permanecen ingresados nas plantas de hospitalización dos distintos centros hospitalarios públicos. Así, o HULA continúa con 4 pacientes e os hospitais comarcais de Burela e Monforte, con 3 cada un.
Asemade, nas últimas horas 12 persoas recibiron a alta médica, unha máis que na xornada anterior e o doble que o pasado venres. Con todo, son xa 12.334 as persoas que poden dicir que superaron a covid.