O concelleiro de Cs, Juan Vidal-Pardo, anunciou esta mañá que o seu grupo proporá no pleno desta semana unha iniciativa encamiñada a desenvolver un traballo de prevención do suicidio desde o ámbito municipal, medida que xa funciona con éxito noutros concellos do Estado, como é o caso de Santander. “Desgraciadamente Lugo é unha provincia coa taxa de suicidios máis alta de España. Consideramos fundamental implementar medidas que teñan como obxectivo reverter estas preocupantes cifras que afectan porcentualmente de forma considerable ao noso municipio como principal poboación da provincia”.
Por iso, dende a formación laranxa proporán que o Concello desenvolva un Plan Local de Prevención do Suicidio e de Atención ao Sobrevivente en coordinación co resto de Administracións, reforzando a formación específica nesta materia dos técnicos de servizos sociais, para que conten cos coñecementos e medios para actuar de forma efectiva.
Segundo numerosos estudos, por cada morte por suicidio, previamente houbo ao redor 20 tentativas. A Organización Mundial da Saúde advirte de que “aínda que a prevención do suicidio é complexa, é posible, e para abordala hai que atender a 3 variables fundamentais: o correcto manexo terapéutico dos trastornos mentais, o control de factores de risco externos, e a educación e sensibilización”. É, precisamente, neste último aspecto no que, segundo os ediles de Cidadáns, os concellos deben e poden traballar.
“A educación e sensibilización traen consigo que se dean a coñecer á poboación cales son sinais de conduta suicida, é necesario saber cando e como hai que buscar axuda e ao tempo ser capaces de reducir o estigma que este comportamento ten asociado. Este será un dos camiños para sacar dar visibilidade á xente que está en rega e precisa”, sinalou Vidal-Pardo.
“Ademais dentro da nosa proposta propoñemos que o Concello inste á Xunta de Galicia a avanzar no desenvolvemento dun Plan Integral de Prevención, con medidas, políticas e programas concretos, proporcionando pautas eficaces de actuación. Do mesmo xeito o Concello de Lugo debe integrarse na axenda municipal o Día Internacional de Prevención do Suicidio, que a OMS establece o 10 de setembro de cada ano como medida para sensibilizar á sociedade sobre este grave problema”, concluíu.
Mai 25, 2021 - 05:30 PM
Estos suicidar ainda non se suicidaron, pero están tan mortos os pobres, que xa nin o PP e quen de darlles vida.