Cortes do tráfico, tres días á semana, polas obras no corredor Nadela -Sarria

As obras de conversión en autovía da vía de altas prestacións Nadela-Sarria, no treito entre A Pobra de San Xiao e Sarria centro, obrigan a realizar dende hoxe cortes puntuais tres días á semana para garantir a seguridade dos traballos de voaduras.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, explicou que os cortes víñanse producindo dende o mes de febreiro -cando comezaron estes labores- os martes e xoves non festivos entre as 13.00 e as 15.00 horas e entre os enlace do quilómetro 13 (O Páramo, A Pobra de San Xiao) e o do quilómetro 22 (Sarria norte, Morelle).

Durante aproximadamente tres meses será preciso pechar ao tráfico tamén os mércores non festivos no mesmo horario, neste caso entre o enlace do quilómetro 22 e o do quilómetro 26 (Sarria Sur, Albán). O desvío estará debidamente sinalizado e o traxecto alternativo realizarase pola estrada LU-546.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com