Mauricio Repetto, responsable da área de Xuventude presentou este martes unha nova campaña de sensibilización sobre a venda e o consumo de alcohol na mocidade enmarcada na programación do +Xti, organizada polo Concello e subvencionada polo Plan Nacional de Drogas,co obxectivo de facer un chamamento á reflexión sobre a responsabilidade individual e colectiva que todos temos ante los problemas relacionados co consumo de alcohol, incidindo no fácil acceso que teñen os menores para adquirir bebidas alcohólicas.
A campaña publicitaria, presentouse este martes en Gadis CEAO na que estivo presente Gonzalo Corredoira, Delegado de Lugo e Antonio Cortés Director RSC e tamén en Vegalsa-Eroski no centro situado na Milagrosa á que asistiu Pedro Fraga, zefe de zona.
Mediante displays de publicidade en interior e exterior, aplicacións en redes sociais e vídeos para o seu uso pretendemos facer “unha chamada á acción ás familias, vendedores, e os propios novos para adoptar medidas que están ao alcance de todos, como evitar facer a vista gorda a esa realidade que non queremos ver: cando por exemplo vemos a mozos comprando alcol” explicaba o edil ao tempo que incidiu que pretendemos contribuír a que os rapaces e rapazas reflexionen sobre o seu comportamento .
O Concello segue apostando pola concienciación dos máis novos e da comunidade, por iso continuarán informando dos riscos que implica o consumo excesivo de alcohol, as consecuencias negativas na saúde a curto e longo prazo e a necesidade de ter un comportamento cívico que garanta a convivencia entre todos.
Campaña “Coñece a miña historia”
A campaña parte desa realidade que non queremos ver, dando visibilidade á historia que hai detrás de cada mozo. Para a mesma creáronse 3 personaxes ficticios que serán os protagonistas.
Tres historias que contan como conseguen alcol, a compra ilegal, con que frecuencia beben, hábitos de consumo, e os danos que produce na súa saúde (tanto física como psicoloxicamente). Historias contadas polos propios rapaces, con linguaxe coloquial adaptada aos mozos para que sentan identificados cos personaxes.
O obxectivo, é servir de apoio nas pautas que son básicas para a prevención, e axudarlles a pensar e reflexionar en aspectos que ás veces non parecen importantes.