Nova suba de casos covid nunha xornada na que aumenta a presión asistencial e os contaxios

Nova xornada de suba de casos covid na provincia que hoxe non presenta os mellores datos co aumento tamén da presión asistencial así como dos contaxios e os falecementos. 

Así se desprende do último informe do SERGAS con datos recabados ata as 6 da tarde de onte no que se cifra en 222 as infección activas de covid na provincia, situándose 3 puntos por riba dos datos arroxados na xornada do martes. 

Esta suba de tres persoas infectadas débese ao aumento dos contaxios. Nas últimas horas foron 13 os positivos detectados polo SERGAS, 4 máis que na xornada anterior, e que superan, de novo, ás altas médicas que volven descender ata tan só rexistrarse 10 nas últimas horas, fronte as 20 da xornada anterior.

Con esta suba, crece tamén a presión asistencial, que xa medraba onte nos hospitais comarcais. Se ben, os ingresos totais en planta continuan sumnando 11 pacientes, o certo é que se deu un cambio entre hospitais, ao baixar un caso na Mariña e subir outro en Monforte. Así, o HULA segue con 3 casos covid en planta, ao igual que o centro da Costa, mentres que en Lemos os pacientes covid en planta chegan a 5. 

E mentres en planta, se mantén o número de casos na provincia, na UCI do HULA se rexistraba onte un novo ingreso. Trátase dun varón de 35 anos de idade, provinte do gromo de Viveiro que ingresaba onte na UCI por unha neumonía bilateral. 

Por último, outro baremo que aumenta na xornada de hoxe é o dos falecementos causados polo virus. Nas últimas horas, o SERGAS notificaba o pasamento dunha muller de 84 anos veciña de Vilalba e que tiña lugar o pasado 12 de maio.

Gromos

Con respecto aos gromos que se foron detectando na provincia, Sanidade amosouse preocupada polo de Viveiro no que non cesan de localizar positivos. Así, na xornada de onte xa sumaban 62 os casos vinculados a este gromo do que se descoñece, en parte, cómo ocorreron. Se ben, o SERGAS ten detectado que tanto o foco como as distintas propagacións ocorreron en diversas comidas, o certo é que durante o rastrexo de casos se atoparon con versións contraditorias que dificultan o seguemento de contactos.

Tamén suma casos o gromo de Vilalba, onde Sanidade prevé un cribado este venres no IES Basanta Silva no que se notificaron 6 casos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com