A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo absolveu, por falta de probas, a un veciño da Pastoriza acusado de queimar durante a madrugada do 4 de xuño de 2017 o alpendre dos seus veciños, no que se ocasionaron danos valorados en 23.000 euros. O tribunal explica na resolución que “as meras sospeitas” son “insuficientes para sustentar unha condena penal”. Para os maxistrados é “evidente” que, neste caso, “concorre unha insuficiencia de proba de cargo para ditar a sentenza condenatoria que se pretende polas acusacións, non sendo suficiente, como reiteramos, coas sospeitas ou conxecturas”.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.